GALICIA

Esta novela ben sendo unha homenaxe a Galicia dende todas as dimensións.

a) Un dos protagonistas é un escritor en lingua galega, que se dedica de  forma profesional á escrita na nosa lingua. Mesmo é traducido a outros idiomas e levado ao cine.


b) A literatura galega real tamén se deixa ver entre as liñas do libro.
  • Cal é o nome do escritor galego que traballa na Universidade Laval? Investiga quen é o pai deste escritor. 
  • Que libros forman a Colección Lar?
  • Que é o Pen Club?
  • Que tipo de obras escriben Fole e Cunqueiro? Por que cres que eles son os escollidos para formar parte do baúl do faiado da casa encantada?
c) Patrimonio inmaterial: as crenzas galegas. Adrián di que dende que temos luz eléctrica non volvera escoitar falar da Santa Compaña. Investiga que é?


"Menos mal que eu non son impresionable. Sei ben que a Santa Compaña desapareceu coa chegada da luz eléctrica, pero ás veces estes rumores conseguen inquietarme (...) por debaixo da capa de modernidade, segue vivo o antigo sistema de crenzas, mesmo nas cidades." páx. 49)

d) Patrimonio material.
  • Busca unha foto da Torre dos Andrade e investiga un chisco sobre a historia deste personaxe.




e) A emigración a Sudamérica ("Segundo din o indiano que a mandou edificar volveu de Cuba cunha fortuna..." páx. 48) e ao centro de  Europa ("O Bieito (...) É un home maior ca nós, que ademais fala moi ben o alemán, porque estivo emigrado en Stturgart durante máis de 15 anos." páx. 35). Reflexionade sobre o que está ocorrendo hoxe na nosa sociedade. Buscade datos sobre a cantidade de xente que leva emigrado en Galicia e cara onde dende o 2010.

Ningún comentario:

Publicar un comentario