Esa pegada que levamos impresa nos nosos xens inspira aos nosos escritores e escritoras para inzar as súas obras de pequenos detalles que non fan máis que agrandar os desexos de todos de que debemos reparar nas nosas raíces, defendelas con orgullo e querernos.
Cartas de inverno é un exemplo magnífico. A casa protagonista da novela está próxima ao castro das Croas e nela hai vestixios das manifestacións artísticas ou relixiosas dos nosos antepasados.
Mirade este vídeo de Manuel Gago e deixáde voar a imaxinación para descubrir algo máxico que temos a cotío debaixo dos nosos pés.
Imos indagar_________________________________________________________
a) QUE É UN PETRÓGLIFO?
b) QUE PETRÓGLIFO FAMOSO APARECE CITADO NA NOVELA?
c)LOCALIZA NUN MAPA OUTROS PETRÓGLIFOS GALEGOS?

Por exemplo, Adrian di que vai andando ata Pena Moura porque lle din que alí hai un petróglifo que vale a pena ver (páx. 50). Pois si, un ben famoso, mira a imaxe!
- http://gl.wikipedia.org/wiki/Galer%C3%ADa_de_imaxes_de_petr%C3%B3glifos_de_Galicia
- http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/petroglifos-de-galiza_10.html
d) BUSCA NA REDE INFORMACIÓN SOBRE OS SÍMBOLOS DOS PETRÓGLIFOS MÁIS FAMOSOS E O SEU SIGNIFICADO. LOGO COA AXUDA DA/O PROFE DE PLÁSTICA FACEDE CADA UN O VOSO GRAVADO CO DESEÑO QUE MÁIS VOS GUSTE.
http://gl.wikipedia.org/wiki/Mitolox%C3%ADa_celta
Deuses / Deuses
e) QUE POBO PREHISTÓRICO É O AUTOR DESTAS MOSTRAS ARTÍSTICAS?
f) QUE SABES DESE POBO? CANDO VIVIRON? ONDE SE ASENTARON? CALES SON OS SEUS DEUSES E CRENZAS?
LOGO ELABORA UN MAPA ONDE APEZAN LOCALIZADOS OS PRINCIPAIS ASENTAMENTOS EN GALICIA.
Axuda para Deuses
OS TRABALLOS
OS NOSOS ESGRAFIADOS; aquí
Ningún comentario:
Publicar un comentario